IniciosociedadeCatro novos positivos elevan a seis as traballadoras infectadas por coronavirus no...

Catro novos positivos elevan a seis as traballadoras infectadas por coronavirus no Hospital da Mariña

Todas as obreiras pertencen á mesma área, medicina interna, ao igual que unha auxiliar de enfermería da que se confirmou o caso o pasado venres

Publicada o

- Advertisement -

Catro novos positivos confirmados no Hospital Público da Mariña elevan a seis traballadoras o persoal sanitario infectado polo coronavirus no centro hospitalario de Burela, segundo puido saber o Xornal da Mariña.

Nas últimas horas deste luns confirmáronse catro novos casos nunha mesma área, a de medicina interna, o de tres enfermeiras e unha auxiliar de enfermería, que se suman ao positivo doutra auxiliar coñecido o pasado día 20. As traballadoras deberán permanecer un período de alomenos catorce días en corentena, polo que o persoal sanitario vai quedando minguado pola incidencia do coronavirus.

Unha sanitaria residente en Xove, traballadora neste caso da área de quirófanos, confirmara o seu positivo o pasado 17 de marzo. Permanece illada no seu domicilio.

Esta mediodía, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmaba un total de 63 positivos na provincia de Lugo. A esa altura, no centro hospitalario da Mariña había dúas pacientes con coronavirus ingresadas na planta de traumatoloxía e un doente que permanece na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

A CIG RECLAMA HABILITAR ALOXAMENTOS PARA QUE AS ENFERMEIRAS PROTEXAN ÁS FAMILIAS

A CIG-Saúde requeriu este luns ao Sergas que “busque a fórmula que permita pór a disposición das traballadoras e da poboación todos os establecementos dispoñibles diferentes ao centros hospitalarios”.

O sindicato nacionalista reclama que se habiliten “prazas de residencia en hoteis” preto dos centros de traballo, para que as profesionais poidan morar alí se así o desexan, evitando o contacto coas persoas que residen no seu domicilio, para garantir a seguridade e a protección destes.

A central tamén reclama por a disposición estes centros, con distinta ubicación, de todas as persoas que teñan que facer illamento no seu domicilio, e que para garantir a seguridade e a protección da súa familia  queiran realizar o tempo do seu illamento fora do seu domicilio.

“Queremos lembrar, que para atender as necesidades destas instalacións é imprescindíbel dotalo de persoal, tamén de limpeza, cos correspondentes equipos de protección individual (EPIs) que garantan a súa protección”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...