Confírmase o segundo positivo dunha traballadora na residencia de Burela

UGT e Concello solicitan que se fagan probas a todos os usuarios e empregados para evitar contaxios

Residencia de Burela. GOOGLE MAPS

A Consellería de Política Social confirmou este venres o segundo positivo dun traballador na residencia de Burela. Trala confirmación do primeiro caso, o sindicato UGT solicitou que se realizaran tests a todos os empregados, 59, e residentes, un total de 66.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, expón que falou este venres coas autoridades sanitarias “para reclamarlles que fagan o antes posible os tests do Covid-19 a todos os usuarios da residencia de maiores de Burela. Queremos que os residentes estean perfectamente controlados e así evitar contaxios desta pandemia dentro desas instalacións”, concluíu.

Por agora, segundo o mesmo reconto da Xunta de Galicia, mantéñense os dez positivos confirmados na residencia de Foz, tres deles de maiores -un dos cales está en hospitalización-. Neste centro realizáronse probas a traballadores e empregados desde o pasado 31 de marzo, sen que por agora se notificasen novos resultados.

Tampouco trascenderon novos casos na residencia Betania de Viveiro, onde se documentan ata o de agora dous de usuarios e un dunha relixiosa. Finalmente, no centro San Rafael de Mondoñedo hai un positivo, o dun traballador.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here