IniciosociedadeVixésimo día consecutivo sen aumentar a presión hospitalaria en Burela, que trata...

Vixésimo día consecutivo sen aumentar a presión hospitalaria en Burela, que trata seis positivos

Catro pacientes permanecen en planta e dous na Uci; o número de casos activos na provincia segue nun lixeiro aumento, con catro novos para un total de 614

Publicada o

- Advertisement -

A presión asistencial por mor do coronavirus no Hospital da Mariña permanece estable por sexto día consecutivo, con dous pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outros catro en planta, segundo o reconto oficial ofrecido na mañá deste mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A cifra de hospitalizados en Burela por mor da pandemia non aumenta desde o pasado 2 de abril, cando se alcanzou o que por agora é o tope de persoas ingresadas por coronavirus, 23; desde entón, o cómputo baixou a 22 (día 7), 16 (8), 12 (9), once (10 de abril), nove (día 13), oito (14 de abril) e seis (17).

Cabe salientar que os casos positivos que recolle a estatística oficial non inclúe a aqueles ingresados sospeitosos de coronavirus, que están á espera da confirmación do resultado da proba.

No tocante aos casos activos na provincia, continúa a lixeira repunta dos últimos días, con catro novos casos para un total de 614. Os positivos documentados incrementáronse en 19 nas tres últimas xornadas.

En cambio, a presión hospitalaria mantense estable. Nas unidades de críticos hai sete pacientes, os outros cinco no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 28 persoas permanece en planta, os catro da Mariña máis outros doce no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

No histórico da provincia contabilizáronse 26 falecementos e 125 altas, por 765 persoas infectadas.

UNHA MULLER DE 101 ANOS SUPERA O VIRUS EN LUGO

Unha muller de 101 anos recibiu a alta no HULA, segundo informou o Sergas. As profesionais sanitarias despedírona cun cálido aplauso que podes ver nesta ligazón do Lugo Xornal.

475 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.534, deles 1.485 son da área da Coruña, 614 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 520 da de Pontevedra, 1.166 da área de Vigo, 1.081 da de Santiago, e 367 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 permanecen en Uci, 585 están en unidades de hospitalización e 5.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos. O número de PCR realizadas é de 72.858.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...