IniciosociedadeDúas novas altas deixan as plantas da Mariña sen positivos; restan dous...

Dúas novas altas deixan as plantas da Mariña sen positivos; restan dous pacientes na Uci

A cifra de hospitalizados en Burela pola pandemia baixou de 23, o pasado 2 de abril, aos dous que permanecen na unidade de críticos

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas que permanecían ingresadas con coronavirus no Hospital Público da Mariña, unha muller e un home, recibiron na tarde deste luns a alta, segundo confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Deste xeito, arestora non hai positivos en planta no centro hospitalario de Burela, onde si quedan dous na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), unha cifra que se mantén desde o pasado día 13 de abril.

Segundo puido saber o Xornal da Mariña, unha das persoas levaba desde finais de marzo ingresada e mesmo estivo na unidade de críticos. Ambas regresan ao domicilio aínda con positivo, aínda que despois de evolucionar favorablemente, e serán seguidos por teleasistencia.

Deste xeito, desde o tope de ingresos no hospital, o pasado 2 de abril, con 23 pacientes (19 en planta e catro na Uci), a presión hospitalaria por mor da pandemia foise reducindo progresivamente na Mariña Lucense; o 7 de abril había en Burela 22 doentes, por 16 o día 8, doce o día 9, dez o 11 de abril, nove o día 12, oito o día 14 e sete o pasado xoves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...