IniciosociedadeA presión hospitalaria por coronavirus aumenta en Burela por primeira vez en...

A presión hospitalaria por coronavirus aumenta en Burela por primeira vez en 33 días

Tres pacientes permanecen ingresados no Hospital da Mariña, un en planta e dous na Uci

Publicada o

- Advertisement -

O número de ingresados por coronavirus no Hospital Público da Mariña aumentou este luns tras 33 días en estabilidade ou descenso. Un paciente permanece na planta do centro hospitalario de Burela, o patrón do buque Notre Dame, amarrado en Celeiro e no que se documentaron oito positivos, e dous na Unidade de Coidados Intensivos (Uci).

A cifra de hospitalizados en Burela por mor da pandemia non aumentaba, segundo a estatística oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas), desde o pasado 2 de abril, cando se alcanzou o que por agora é o tope de persoas ingresadas por coronavirus, 23; desde entón, o cómputo baixou a 22 (día 7), 16 (8), 12 (9), once (10 de abril), nove (día 13), oito (14 de abril), seis (17) e dous (27).

223 CASOS NA PROVINCIA

Na provincia contabilízanse 223 casos, polos 222 documentados o pasado domingo. Deles, cinco permanecen en Uci, os outros tres no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Seis pacientes permanecen en unidades de hospitalización -un na Mariña, tres no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA).

En domicilio computáronse 212 casos, un máis ca onte.

No histórico, a pandemia provocou 26 mortes na provincia –cinco delas na Mariña Lucense-. Un total de 616 persoas recibiu a alta.

569 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en Uci, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos. O número de PCR realizadas é de 104.990.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña Lucense, o Sergas contabiliza os mesmos positivos có pasado día 3, oito. Distribúense da seguinte forma:

USUARIOS

3 Res. Cervo

1 Vivenda Vilaoudriz (A Pontenova)

1 Res. Mirador del Eo (Ribadeo)

TRABALLADORES

2 Residencia Maiores Burela

1 Residencia Cervo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...