IniciosociedadeO patrón do Notre Dame recibe a alta tras días ingresado en...

O patrón do Notre Dame recibe a alta tras días ingresado en Burela por coronavirus

Dous pacientes, ambos xa con proba negativa tras semanas hospitalizados, permanecen na Uci de Burela

Publicada o

- Advertisement -

Un paciente ingresado por coronavirus nunha planta do Hospital Público da Mariña recibiu a alta, segundo os datos ofrecidos este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), polo que só restan dous doentes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do centro hospitalario de Burela, ambos xa con proba negativa despois de semanas de contraeren o virus.

A persoa que recibiu a alta é o patrón do Notre Dame, buque de bandeira francesa e armador de Cedeira, que permanece amarrado en Celeiro tras darse varios positivos entre a tripulación. O resto dos mariñeiros que resultaron contaxiados permanecen en illamento domiciliario.

O Sergas documenta 161 casos activos na provincia de Lugo, cinco menos ca onte. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) hai catro pacientes en Uci e un en planta. No resto dos centros hospitalarios da área lucense non hai positivos, segundo o reconto oficial do Sergas.

En domicilio, a Consellería de Sanidade contabiliza 156 casos, catro menos. No histórico, un total de 27 persoas morreron a causa da pandemia, cinco delas na Mariña. Déronse 715 altas.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña Lucense, a estatística oficial non recolle cambios, con dous positivos documentados.

USUARIOS

1 Vivenda Vilaoudriz (A Pontenova)

1 Res. Mirador del Eo (Ribadeo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...