IniciosociedadeUnha anciá dá positivo na vivenda comunitaria privada de Vilaoudriz

Unha anciá dá positivo na vivenda comunitaria privada de Vilaoudriz

A residente, que permanece illada e asintomática, é a única persoa infectada do centro segundo as PCR realizadas a usuarios e traballadores

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia documentou este venres un novo positivo de coronavirus nunha residencia da Mariña Lucense, a vivenda comunitaria privada de Vilaoudriz, na Pontenova. Segundo confirmou a dirección do centro, trátase dunha muller que se atopa asintomática e permanece en illamento desde o pasado mércores.

Esta persoa é a única que deu positivo nas PCR realizadas á totalidade dos traballadores, sete, e usuarios, doce, o pasado martes. Os operarios están á espera da realización dun test serolóxico para comprobar se alguén asintomático puido contraer en semanas anteriores o coronavirus. A dirección do centro non atopa outra explicación para o contaxio, posto que desde o inicio do estado de alarma a anciá infectada non tivo que desprazarse do xeriátrico, nin sequera para consultas médicas. O mércores da semana que vén, informa, repetiráselle a proba.

No tocante á residencia do Valadouro, onde todos os residentes deran negativo e 37 dos 42 empregados do persoal, coñeceuse que os restantes operarios están tamén libres de coronavirus, tras recibir o resultado das probas realizadas.

O persoal da residencia do Valadouro, tras coñecer os negativos. AXM

NOVE POSITIVOS NOS XERIÁTRICOS DA MARIÑA

Segundo o cómputo oficial da Xunta de Galicia, ofrecido este xoves con datos de última hora do pasado mércores, os positivos documentados nas residencias da Mariña son nove. Ademais do anteriormente mencionado, tres residentes e un traballador permanecen infectados no centro de maiores da Veiga, en Cervo; en Mirador del Eo, a vivenda comunitaria privada de Ribadeo, hai un usuario con coronavirus; outro, no xeriátrico Betania (Viveiro). Finalmente, en Burela detectáronse dous casos entre o persoal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...