IniciosociedadeAumentan a 14 os casos detectados na Mariña, once no brote localizado...

Aumentan a 14 os casos detectados na Mariña, once no brote localizado nunha familia de Xove

O Sergas confirma catro novos casos, tres deles relacionados co núcleo familiar xovense e outro que en principio non ten vinculación; 23 persoas deron negativo e hai un ingresado

Publicada o

- Advertisement -

O número de positivos de coronavirus no brote localizado nun núcleo familiar de Xove aumentou a once, segundo confirmaron este xoves fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Os tres novos casos detectáronse tras coñecerse os resultados de 26 probas realizadas, das cales 23 deron resultado negativo. Tamén se documentou unha nova infección, en principio sen relación con esta familia; o número de contaxiados na Mariña Lucense ascende así a 14.

Segundo o Sergas, dos once casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado dos positivos do brote detectado en Xove tivo que ser hospitalizado.

A Consellería de Sanidade indica que segue a rastrexar a persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posibles contactos.

OUTROS TRES POSITIVOS SEN VINCULACIÓN COA FAMILIA

Na bisbarra documéntanse un total de 14 casos. Ademais do positivo dunha muller á que se lle realizou unha proba protocolaria antes dunha operación e do varón de 71 anos hospitalizado nunha planta de Burela, residente na mesma vila -sen relación aparente entre ambos contaxios, expón Sanidade-, hai un terceiro infectado que non ten a priori relación cos contactos do núcleo xovense; ao igual que a dona contaxiada, permanece tamén en seguimento domiciliario.

A Consellería de Sanidade reitera á cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da comunidade autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada co Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...