O PSdeG tampouco fará actos electorais na Mariña por mor do brote

Caballero lamenta a "decisión unilateral" de Feijóo de convocar eleccións en xullo

Acto dos socialistas con Gonzalo Caballero en Foz. PSdeG

O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) decidiu suspender os seus actos electorais na comarca da Mariña Lucense para as eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo ante o brote de coronavirus que afecta a esta bisbarra, con 59 positivos e máis de 600 persoas confinadas.

O candidato á Presidencia da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento á “responsabilidade” dos cidadáns e asegurou que a súa formación “extremará todas as medidas” de seguridade polo que non realizará actos nesta zona, ao igual que tampouco Galicia En Común-Anova Mareas e BNG.

Ademais, o socialista considerou que “sería positivo” que o presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, informase ao “líder da oposición” do que está a ocorrer en relación aos brotes en Galicia para poder facer un seguimento. “Nós eramos partidarios de esperar a que se producise toda a desescalada e despois asentar a nova normalidade para ver como era a evolución do virus antes de convocar as eleccións”, explicou Caballero, que lamentou a decisión “unilateral” de Feijóo. A información completa, no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here