IniciosociedadeO Sergas contabiliza 184 casos, cun novo positivo e dúas altas, no...

O Sergas contabiliza 184 casos, cun novo positivo e dúas altas, no brote da Mariña

Dúas persoas permanecen ingresadas, ambas en planta, no Hospital da Mariña; na residencia de Burela detéctase un caso entre o persoal

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 184 casos activos de coronavirus no brote da Mariña, segundo o reconto oficial ofrecido este luns. É un positivo menos ca onte, o saldo que deriva, expón a Consellería de Sanidade, da localización dun novo positivo e da alta de dúas persoas.

O Sergas non concreta as probas PCR realizadas no día de onte a persoas relacionadas con este brote; si os resultados positivos, concretando que se detectou un novo caso activo, “relacionado” co foco. Sanidade argumenta que a porcentaxe de probas positivas “é moi baixa (arredor do 2%)”, mentres que con anterioridade ao peche da Mariña era de ” aproximadamente o 20%”.

Segundo o reconto do Sergas, “son máis de 30” as persoas afectadas por Covid-19 e vencelladas ao brote que foron dadas de alta.

Dos 184 casos activos “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, segundo expón o Sergas, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Con respecto á presión asistencial, dúas persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, ambas en planta, “e a súa evolución é favorable”. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio.

No tocante á residencia de Burela, onde se detectou un positivo entre o persoal, o dunha traballadora substituta, por agora non se localizan máis casos nin entre os traballadores nin entre os usuarios.

O SERGAS DÁ POR “CONTROLADO” O FOCO

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, asegurou este luns que o brote da Mariña está “controlado”.

En declaracións aos medios, Ares sinalou que a evolución nos últimos días foi “boa“, aínda que fixo un chamamento a non “baixar a garda” e a manter as medidas de prevención para evitar novos contaxios.

“O máis importante”, segundo Ares, é que “case todas as probas que se están realizando son “negativas” e, polo tanto, o número de casos é “menor”, aínda que se seguen buscando” posibles positivos para tratar de “cortar a transmisión” canto antes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...