IniciosociedadeCinco usuarios da residencia de Burela permanecen illados tralo positivo dunha traballadora...

Cinco usuarios da residencia de Burela permanecen illados tralo positivo dunha traballadora substituta

Fontes de Política Social recoñecen que a muller se incorporou ao posto antes de que se coñecera o resultado das probas

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Política Social comunicou o positivo por Covid-19 dunha traballadora que entrou este mércores a facer unha substitución na residencia de maiores de BurelaCinco usuarios permanecen illados nas súas habitacións tras a confirmación do caso.

Segundo informaron fontes do Goberno galego, a muller comezou a traballar ás 15.00 horas de onte e ás 16.30 horas chamárona para comunicarlle que dera positivo. A propia empregada e os compañeiros que coincidiron con ela nesa hora e media marcharon aos seus domicilios, onde permanecen á espera das indicacións médicas.

Dende Política Social fan fincapé en que nese período de tempo a traballadora tivo contacto con poucos usuarios, xa que era a hora da sesta, e que sempre estivo provista dun equipo de protección.

Con todo, os maiores que cadraron con esta persoa quedaron en illamento nos seus cuartos da residencia de titularidade pública. Son cinco en total e nos próximos días controlarase a súa evolución e faráselles unha proba PCR, indicaron as mesmas fontes. A Xunta lembra que hai uns días fíxose un cribado nas residencias de maiores, a raíz do brote de coronavirus que mantén pechados 14 concellos da Mariña Lucense, e todas as probas deron negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...