IniciosociedadeA hostalería da Mariña recuperará horarios, barra e aforamento ao 75%, pero...

A hostalería da Mariña recuperará horarios, barra e aforamento ao 75%, pero o ocio nocturno seguirá pechado

A Xunta equipara a comarca ao resto de Galicia en boa parte das medidas para evitar contaxios; mantense a prohibición das reunións de máis de dez persoas non convivintes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia flexibilizará desde esta medianoite (00.00 horas) as restriccións adoptadas nos 14 municipios do distrito sanitario da Mariña no tocante aos aforamentos en locais comerciais e profesionais, que en diante poderán ter unha ocupación máxima do 75%, cando desde o pasado día 5 de xullo, cando se decretou o peche da comarca por mor do brote de coronavirus, mantiñan un límite do 50% da súa capacidade. No tocante á hostalería, permitirase o consumo en barra e rematará o toque de queda da 1.00 da madrugada, para volver ao horario normalizado, pero os negocios de ocio nocturnopubs e discotecas– permanecerán pechados. Ademais, seguirán prohibidas as reunións de máis de dez persoas non convivintes.

Deste xeito, e exceptuando estes dous últimos puntos -os locais de ocio nocturno si están a traballar no resto da comunidade-, A Mariña equipárase ao resto de Galicia no tocante ás medidas adoptadas para previr contaxios de coronavirus.

A NORMATIVA PUBLICARASE ESTA TARDE E ESTARÁ VIXENTE “ALOMENOS ATA A SEMANA QUE VÉN”

Tamén se restablecerá na totalidade do concellos da Mariña o número de persoas que poden viaxar de maneira conxunta, tanto no transporte público como no privado.

A normativa oficial publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) esta tarde, e estará vixente “alomenos ata a semana que vén”, segundo expuxo a Xunta.

Despois de recuperar paulatinamente a liberdade de movementos das persoas -primeiro oito concellos, logo os seis que formaban o perímetro de Burela, e finalmente este último-, as restriccións na Mariña mantivéronse nos últimos días no tocante aos aforamentos e horarios, a fin de evitar aglomeracións.

A Consellería de Sanidade comunicou estas medidas por videoconferencia aos alcaldes dos municipios afectados –O VicedoOurolViveiroXoveCervoBurelaFozAlfozO ValadouroBarreirosMondoñedoLourenzá, Trabada e Ribadeo; non así A Pontenova e Riotorto, pertencentes ao distrito sanitario de Lugo-.

Políticos como o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ou agrupacións comerciais como Acisa, de Ribadeo, solicitaran a apertura das restriccións ante a evolución do brote e dada a importancia que ten a campaña de verán para moitos negocios, especialmente do sector da hostalería e a restauración.

44 POSITIVOS NA COMARCA

O rexedor indicou que se documentan 44 positivos na comarca, tres menos ca onte, dos que 20 son residentes en Burela -dous menos ca na anterior actualización-. Concretou ademais que “imos procurar abrir parques e prazas“, sinalando que “sempre hai que ter coidado, usar a máscara obrigatoriamente” e extremar as precaucións para evitar contaxios. “Hai que saber equilibrar a cuestión sanitaria e a socioeconómica e a prevención debe ser a nosa marca”, remarcou.

Llano afirmou que “penso que fixemos as cousas ben” e que as persoas que se acheguen á comarca este verán “poden vir tranquilas porque saben que están con xente de confianza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...