Catro altas e ningún caso novo para 47 positivos no brote da Mariña

O número de pacientes ingresados con coronavirus no Hospital da Costa baixa de dous a un

Vista dunha rúa do casco de Viveiro. ELISEO TRIGO/EFE

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña lucense sitúase en 47, catro menos que onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Ao longo da última xornada producíronse catro altas e, de acordo coa Consellería de Sanidade, non se detectaron positivos novos nas 35 PCR realizadas.

Dos 47 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días, concreta o Sergas. Unha persoa con Covid-19 atópase ingresada no Hospital Público da Mariña -o que supón un paciente menos ca onte- e a súa evolución é “favorable”, sinala a mesma fonte.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 330 persoas confinadas, sete menos que onte.

No tocante ás residencias, o único positivo detectado é o dunha traballadora do xeriátrico de Xove, onde non se localizaron máis casos nin entre o persoal nin entre os usuarios, despois de que se realizasen arredor de 200 PCR.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here