Un palangreiro regresa ao porto de Burela por un posible caso de coronavirus

Os 14 tripulantes do buque foron sometidos a probas PCR e de confirmarse o positivo deberán permanecer nunha corentena de 14 días

Punta do Xuncos, de Burela. AXM

Un palangreiro de Burela, o Punta do Xuncos, tivo que regresar ao porto ao presentar un dos sus tripulantes síntomas compatibles co coronavirus.

Segundo explicaron fontes municipais, tras amarrar no porto, os 14 tripulantes do buque permanecen á espera dos resultados das probas PCR que se lle practicaron a todos eles.

De confirmarse que se trata dun caso de Covid-19, a tripulación deberá permanecer nunha corentena de 14 días.

Segundo as autoridades sanitarias, na Mariña detéctanse 35 infectados polo virus, os mesmos ca onte, aínda que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) advertiu dun aumento do número de confinados, para un total de 343 persoas en seguimento domiciliario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here