IniciosociedadeEstabilidade nos casos do brote da Mariña, 35, pero o número de...

Estabilidade nos casos do brote da Mariña, 35, pero o número de confinados aumenta a 343

Non houbo altas con respecto á última xornada, na que se realizaron 87 PCR, todas negativas; un paciente con Covid-19 segue ingresado no Hospital da Costa

Publicada o

- Advertisement -

O brote de coronavirus da Mariña Lucense encadeou o segundo día sen variacións, segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas). De acordo coa Consellería de Sanidade, localízanse 35 casos activos nos 14 municipios que compoñen o distrito sanitario, os mesmos ca onte. Non houbo altas nin positivos novos, segundo a Xunta de Galicia.

Na última xornada realizáronse 87 PCR, das que todas tiveron un resultado negativo, afirma o Sergas. Deste xeito, o total de probas efectuadas ascende a 5.182, segundo a mesma fonte.

Dos 35 pacientes positivos en Covid-19, un deles permanece ingresado no Hospital Público da Mariña.

Os contactos en seguimento, pola contra, seguen en aumento. Se o pasado día 4 había 317 persoas confinadas, na última actualización aumentan a 343.

No tocante ás residencias, o único positivo na Mariña documentouse semanas atrás no xeriátrico de Xove, o dunha traballadora; a partir deste caso fixéronse probas a todos os empregados e maiores do centro, sen que se localizaran novos infectados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...