IniciosociedadeOs ingresados por Covid-19 na provincia soben a 35, un deles na...

Os ingresados por Covid-19 na provincia soben a 35, un deles na Mariña

Na área lucense documéntanse 36 positivos novos nas últimas 24 horas, período no que se deron dez altas, para un total de 759 casos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 759, 26 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 36 positivos novos nas últimas 24 horas, período no que se deron dez altas.

O número de ingresados continúa en aumento, con 35 -tres máis ca onte-; 34 deles permanecen no HULA, catro deles na Uci (un máis có pasado luns); o outro paciente hospitalizado está nunha planta do Hospital Público da Mariña. Un total de 724 doentes son atendidos en domicilio.

NOVA MORTE NO HULA, DUNHA MULLER DE 96 ANOS

No histórico da provincia documéntanse 38 falecementos, seis deles na Mariña, ademais dunha sétima vítima mortal, un varón que pereceu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. A última persoa falecida, nas últimas 24 horas, foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas.

Déronse 1.366 altas, e o número de casos acumulados ascende a 2.163.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, a incidencia da Covid-19 nos xeriátricos da provincia de Lugo é a seguinte:

Usuarios

89 Residencia O Incio (O Incio)

39 Residencia DomusVi Lugo

Traballadores

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

27 Residencia O Incio (O Incio)

5 Residencia Domusvi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

644 FALECIDOS EN GALICIA E 102 CASOS MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña, 759 da de Lugo, 343 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 253 da área de Vigo, 607 da de Santiago, e 144 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos.O número de PCR realizadas é de 339.206.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...