IniciosociedadeFalece no Hospital da Mariña unha paciente con coronavirus de 83 anos

Falece no Hospital da Mariña unha paciente con coronavirus de 83 anos

A falecida, con varias patoloxías previas, permanecía ingresada en Burela desde o 23 de xullo; trátase da "última persoa diagnosticada" dentro do brote

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 83 anos con coronavirus ingresada no Hospital Público da Mariña faleceu na madrugada deste domingo. Segundo concretou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado de prensa, a falecida tiña múltiples patoloxias previas. Permanecía ingresada desde o pasado 23 de xullo; trátase “da última persoa diagnosticada dentro do brote” da comarca.

Segundo o Sergas, roducíronse tres altas epidemiolóxicas e un positivo novo entre as 79 PCR realizadas no día de onte. Con todo, a Consellería de Sanidade contabiliza 26 casos activos de coronavirus, un menos ca onte e non dous, sen aclarar a que se debe este desfase numérico.

Con respecto aos confinados, un total de 345 persoas permanecen en seguimento domiciliario, dúas máis ca onte.

No tocante ás residencias, documentouse semanas atrás un positivo dunha traballadora do xeriátrico de Xove, no que despois de realizarse PCR a todos os usuarios e empregados non se localizaron máis casos.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...