IniciosociedadeLocalizados seis positivos nunha familia de veraneantes en Barreiros

Localizados seis positivos nunha familia de veraneantes en Barreiros

Estas seis persoas compartían vivenda e en principio non se documenta relación aparente co pequeno abrocho familiar detectado no municipio semanas atrás, con catro casos

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) localizou un brote familiar en Barreiros con seis contaxios nunha familia de veraneantes. Os seis positivos, tal e como adiantou El Progreso, son de persoas que comparten vivenda. Outros tres contactos directos deron negativo nas probas PCR e todos pasan corentena.

Por agora non se documentou relación aparente co abrocho detectado semanas atrás neste mesmo municipio, no que se detectaran catro infectados.

No Hospital Público da Mariña, segundo os datos ofrecidos este mércores polo Sergas, hai un único ingresado con Covid-19. O número de casos a nivel provincial, dado que non se facilitan datos por distrito sanitario nin por municipios, ascende a 786 afectados.

EN VIVEIRO HAI SETE AFECTADOS DESDE O 22 DE AGOSTO, DOUS DELES ” CASOS IMPORTADOS”

Tamén, segundo confirmou o propio Concello de Viveiro, se rexistraron positivos neste municipio, un total de sete -dous deles “importados”- desde o pasado 22 de agosto. O goberno local asegura que “a situación sanitaria no municipio evoluciona ben”, pero demanda “responsabilidade” no cumprimento das normas.

O executivo municipal expón que non recibe información da Consellería “dende que o gromo de Covid-19 que afectou á Mariña se deu por superado” pois “deixaron de celebrarse as reunións periódicas con Sanidade e os concellos da comarca xa non recibiron os datos diarios de afectados en cada municipio”.

A pesar de non recibir esta información diariamente, a alcaldesa, María Loureiro, asegura estar “en contacto permamente co Centro de Saúde de Viveiro, coa Xerente do Hospital da Costa e coa Xefa Territorial de Sanidade para coñecer en todo momento a evolución da situación e o número de afectados no Concello de Viveiro”, e quere “transmitir aos veciños unha mensaxe de tranquilidade, pois a situación na comarca e no municipio é relativamente boa”, afirma Loureiro.

“É certo que continúan aparecendo casos de positivos, pero estase a actuar rápido para rastrear a todos os contactos directos e, afortunadamente, os casos que está habendo evolucionan favorablemente“, indica a rexedora.

“En todo caso, dende o Concello de Viveiro síguese pedindo que se cumpran estritamente todas as medidas establecidas polas autoridades competentes, ao tempo que se advirte que este concello continuará realizando unha intensa labor de vixiancia e control en aras a garantir o seu cumprimento por parte de veciños e visitantes”, finaliza.

UN RESTAURANTE DE FOZ PECHA TEMPORALMENTE TRAS DOUS POSITIVOS NA COCIÑA

Un restaurante de Foz, Rente ao Mar, anunciou o seu peche temporal pola localización de dous positivos entre o persoal de cociña, un deles ingresado no Hospital Público da Mariña. Fíxoo a través da súa conta de Facebook para tranquilizar aos posibles clientes e aclarar que todos os traballadores que entran en contacto co público, os camareiros, deron negativo na proba, malia o que permanecerán dez días máis en corentena.

Pulperia "Rente ao Mar" quere trasmitir a todos os seus clientes, para tranquilidade de eles, e nosa, que permanece…

Publicada por Pulperia "Rente ao Mar" en Miércoles, 2 de septiembre de 2020

CRIBADO AO PROFESORADO

“A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, en colaboración coa xefatura territorial de Educación da Xunta de Galicia, comenzou a realizar xa o cribado masivo, mediante test rápidos de anticorpos de dobre banda, de todo o persoal docente e demais profesionais dos distintos centros educativos da provincia, co obxectivo de determinar as posibles infeccións por Covid-19 antes de dar comenzo o próximo curso escolar, de xeito que este se inicie de forma segura, tanto para o alumnado como para os propios profesionais”, expuxo o Sergas a través dun comunicado de prensa.

Os test comenzaron a realizarse o pasado luns, día 31 de agosto, nos distintos centros de saúde da provincia de Lugo asignados a cada un dos centros educativos da provincia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...