IniciosociedadeCatro mortes por Covid-19 en Galicia nas últimas 24 horas, tres delas...

Catro mortes por Covid-19 en Galicia nas últimas 24 horas, tres delas na provincia

Nas últimas 24 horas localizáronse na área sanitaria lucense 37 positivos novos e déronse dez altas, para un total de 786 casos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 786, 27 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Se se ten en conta que nas últimas 24 horas déronse dez altas, no mesmo período localizáronse 37 positivos novos, nunha xornada negra, con catro mortes en Galicia, tres na área sanitaria lucense -dúas delas, de mulleres residentes do Incio, co que o número de vítimas mortais neste xeriátrico elévase a nove.

Dos 786 casos de Covid-19 na provincia, hai 36 persoas ingresadas. Trinta e cinco delas están no HULA, tres en coidados intensivos. Un paciente permanece no Hospital Público da Mariña, en planta. Outros 750 doentes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 41 falecementos, seis deles na Mariña, ademais dunha sétima vítima mortal que pereceu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar o virus no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.376 altas, cun total acumulado de casos de 2.203 persoas.

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, nos xeriátricos da Mariña hai un só positivo, o dunha traballadora do centro de maiores San Bartolomeu, de Xove. Os datos globais de contaxios na provincia son os seguintes:

MAIORES

87 Residencia O Incio (O Incio)

39 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES 

 1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

31 Residencia O Incio (O Incio)

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

3.847 CASOS EN GALICIA, 105 MÁIS CA ONTE

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847, 105 máis ca onte; deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo 644 da de Santiago e 149 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en Uci, 156 en unidades de hospitalización e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas, rexistrándose 648 falecementos. As últimas persoas falecidas foron un home de 82 anos, que estaba ingresado no CHUAC; dúas mulleres de 94 e 86 anos que estaban ingresadas no HULA, e un varón de 84 anos, tamén ingresado no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 344.011.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...