IniciosociedadeAumenta a presión asistencial por Covid-19 na Mariña, con tres ingresados

Aumenta a presión asistencial por Covid-19 na Mariña, con tres ingresados

O número de positivos na provincia baixa a 814, con 94 altas e 58 casos novos nas últimas 24 horas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 814, 36 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Sergas. Tendo en conta que nas últimas 24 horas déronse 94 altas, neste mesmo período detectáronse na área lucense un total de 58 casos novos.

Dos 814 positivos, 66 permanecen ingresados. Tres deles (un máis ca onte) no Hospital Público da Mariña, outros tres en Monforte e 17 no Polusa, todos eles en planta; 43 son atendidos no HULA, tres deles en coidados intensivos. Un total de 748 pacientes están nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 62 falecementos, tras tres novas vítimas mortais nas últimas 24 horas: unha muller de 82 anos que estaba ingresada no HULA (procedente da residencia Outeiro de Rei); unha muller de 87 anos que estaba ingresada no HULA; e un home de 77 anos que estaba ingresado no HULA (procedente da residencia do Incio).

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. No histórico da provincia déronse 1.885 altas e os casos acumulados ascenden a 2.758.

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

60 Residencia O Incio (O Incio)

142 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

36 Residencia O Incio (O Incio)

22 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.281 deles 1.304 son da área da Coruña, 814 da de Lugo, 473 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 366 da área de Vigo, 670 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en Uci, 221 en unidades de hospitalización e 4.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.222 persoas curadas, rexistrándose 681 falecementos. O número de PCR realizadas é de 394.634.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...