Unha muller de 83 anos con coronavirus ingresada no Hospital Público da Mariña faleceu na madrugada deste domingo. Segundo concretou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dun comunicado de prensa, a falecida tiña múltiples patoloxias previas. Permanecía ingresada desde o pasado 23 de xullo; trátase “da última persoa diagnosticada dentro do brote” da comarca.
Segundo o Sergas, roducíronse tres altas epidemiolóxicas e un positivo novo entre as 79 PCR realizadas no día de onte. Con todo, a Consellería de Sanidade contabiliza 26 casos activos de coronavirus, un menos ca onte e non dous, sen aclarar a que se debe este desfase numérico.
Con respecto aos confinados, un total de 345 persoas permanecen en seguimento domiciliario, dúas máis ca onte.
No tocante ás residencias, documentouse semanas atrás un positivo dunha traballadora do xeriátrico de Xove, no que despois de realizarse PCR a todos os usuarios e empregados non se localizaron máis casos.
Segundo semella o SERGAS vai colgar os dados dos contactos no historial electrónico, https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/135294-contactos-pacientes-covid-19-aparecen-historia-clinica-electronica-acceden-medicos-galegos
Vaia, debe ser iso que os sanitarios da mariña denunciaron cando foi do grumo. Decían que non existía a lista “contactos identificados do meu cupo” que o sergas anunciara nun protocolo (incumprido e incumpribel) con bombas de palenque e que está en vigor dende o 13 de maio de 2020.
E decir: existían mais casos dos que anunciaba o sergas en notas de prensa coas contas feitas por un macaco, e existía transmisión comunitaria como ben informou Xornal da mariña (e recoñeceu o sergas cobardemente diante das xuices). E non existían dados que os protocolos e os xerentes aseguraban que existían, como torpemente recoñecen agora, uns cracks!