IniciosociedadeDous ingresados na Mariña polo coronavirus, que rebasa as 700 mortes en...

Dous ingresados na Mariña polo coronavirus, que rebasa as 700 mortes en Galicia

Nas últimas 24 horas déronse un total de 32 altas por 23 casos novos, para un total de 772

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 772, nove menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 32 altas, do que se deduce que o número de positivos novos neste mesmo período é de 23.

Dos 772 casos na provincia, hai 58 ingresados. A presión asistencial por Covid-19 no Hospital Público da Mariña ascende a dous pacientes, mentres que hai catro en Monforte e 15 no Polusa, todos en planta; no HULA, que concentra os tres doentes en coidados intensivos de toda a área lucense, fican 37 contaxiados. Outros 714 infectados son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia, o número de mortes ascende a 71, a última delas a dunha muller de 77 anos vinculada á residencia de Outeiro de Rei.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. No histórico da provincia déronse 2.026 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.869.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

58 Residencia O Incio (O Incio)

138 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

37 Residencia O Incio (O Incio)

21 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

MÁIS DE 700 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.306 (16 menos); deles 1.236 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 584 da de Pontevedra, 394 da área de Vigo, 635 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.064 persoas curadas, rexistrándose 701 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, unha muller de 56 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, un home de 56 anos que estaba ingresado no CHOP, e unha muller de 77 anos que estaba ingresada no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 410.517.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...