O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 725, 20 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 38 altas, polo que o número de positivos novos ascende a 18.
Dos 725 contaxiados, 53 permanecen ingresados. Dous deles son atendidos no Hospital Público da Mariña, outros dous no de Monforte, doce no Polusa e 37 no HULA, entre eles os tres pacientes da área lucense que precisan de coidados intensivos. Un total de 672 doentes pasa a corentena nos seus domicilios.
As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios lucenses foron varón de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e dúas mulleres de 85 anos ingresadas no HULA, todos patoloxías previas, e unha delas residente no xeriátrico de Outeiro de Rei. Deste xeito, o total de mortos na provincia a causa da Covid-19 é de 81.
Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariña, sete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.138 altas e o número de casos totais ascende a 2.943.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:
716 FALECEMENTOS EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350 deles 1.178 son da área da Coruña, 725 da de Lugo, 527 da de Ourense, 658 da de Pontevedra, 440 da área de Vigo, 637 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en Uci, 207 en unidades de hospitalización e 4.114 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.758 persoas curadas, rexistrándose 716 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e unha muller de 85 años que tamén faleceu no HULA. Todos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 426.934.