IniciosociedadeO comercio da Mariña pide adiantar os horarios das ceas na hostalería...

O comercio da Mariña pide adiantar os horarios das ceas na hostalería e as compras de Nadal

A FCAM insiste en que “para que as nosas vilas sigan a ter vida" a sociedade "ten que implicarse e loitar polo que temos máis cerca"

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) pon en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía adiante os horarios das ceas nos restaurantes e tamén para que leve a comida para a casa. Deste xeito os comerciantes da bisbarra pretenden apoiar ao sector hostaleiro.

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “o que queremos é estar a carón da hostalería da nosa comarca nun momento que é especialmente complicado para todos. Dadas as circunstancias temos que mudar os nosos hábitos durante unha tempada, por iso apostamos por concienciar e concienciarnos da necesidade de adiantar un pouco o horario das ceas para poder disfrutar con tranquilidade das propostas gastronómicas da nosa hostalería e para volver á casa cedo, tal e como manda a normativa en vigor neste momento”.

SERVIZO A DOMICILIO

E engade que “hai ademais establecementos de restauración na nosa comarca que contan con servizo a domicilio ou nos que podemos facer os encargos e acudir a recollelos. Pensamos que debemos continuar coas nosas vidas e que si nos apetece saír cear que o fagamos cambiando un pouco os horarios aos que estamos acostumados. E senón hai que lembrar que contamos coa opción de encargar a saborear esa exquisita gastronomía nas nosas casas”, argumentou.

PLATAFORMAS DE VENDA ONLINE DAS ACIAS LOCAIS

A FCAM -que integra a negocios de Viveiro, Foz, XoveBurelaRibadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo– tamén anima “a adiantar as compras de Nadal, a non deixar todo para última hora. Contamos cun comercio local importante en toda a comarca, que nos precisa máis que nunca. Podemos achegarnos ás tendas de confianza a mercar os nosos agasallos ou podemos empregar as plataformas de venta online coas que contan algunhas asociacións da Mariña ou algúns negocios a nivel particular. A golpe de clic nesta comarca podemos atopar todo o que precisamos para estes festexos”, xulgou.

Paleo insiste en que “para que as nosas vilas sigan a ter vida todos temos que implicarnos e loitar polo que temos máis cerca. Unidos e apoiándonos uns aos outros conseguiremos que esta travesía sexa algo máis doada”. Coa FCAM colaboran nesta campaña a Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...