A Xunta libera Monforte e mantén as restricións de nivel 1 en Viveiro e Burela

Verín, Amoeiro e Coles; Trazo, Boqueixón e Val do Dubra; e Campo Lameiro tamén pasan á normativa de nivel 2, coa reapertura da hostalaría e a fin do peche perimetral

Paso de peóns nunha rúa de Viveiro. EFE/ELISEO TRIGO

A Xunta de Galicia anunciou que o comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución de covid-19 en Galicia vén de levantar as restricións especiais en tres concellos da provincia de Ourense, Verín, Amoeiro e Coles; noutros tres da provincia da Coruña, Trazo, Boqueixón e Val do Dubra; nun da provincia de Lugo, Monforte; e noutro da provincia de Pontevedra, Campo Lameiro. Nestes concellos rexerán, pois, as medidas de nivel 2. Así o acordou a Consellería de Sanidade logo da reunión de hoxe pola tarde, presidida polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Así mesmo, os expertos que avalian a expansión do coronavirus na comunidade galega acordaron incorporar ao concello de Moaña ao grupo de municipios con restricións especiais. As medidas serán publicadas mañá no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores ao xoves.

Deste xeito, as restricións de nivel 1 -entre elas o confinamento perimetral e o peche da hostalería- seguirán en Viveiro e Burela, que levan aplicando esta normativa desde o 6 de novembro.

Monforte confirmou 21 casos novos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada menor aos 150 positivos por 100.000 habitantes; son datos similares aos de Viveiro, que incluso conta menos contaxios -18- nas dúas últimas semanas. En Burela efectuáronse 35 PCR positivas nese mesmo prazo, con máis de 250 infectados nunha proxección para 100.000 residentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here