IniciosociedadeBurela conta 26 positivos nos últimos 14 días, os mesmos ca Foz

Burela conta 26 positivos nos últimos 14 días, os mesmos ca Foz

A situación epidemiolóxica mellora no municipio burelao mentres que se mantén no focego; o Hospital Público da Mariña atende seis pacientes Covid-19, un menos ca onte

Publicada o

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus segue en descenso na área sanitaria de Lugo: baixa a 935, 16 menos ca os comunicados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este martes 1 de decembro. En canto aos positivos diarios, volven aumentar e pasan dos 24 notificados onte aos 38 novos contaxios confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Asemade, baixa moi lixeiramente a presión asistencial trala suba de onte. O Sergas informa hoxe de 41 hospitalizados (tres menos). En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende tres pacientes na UCI (-1) e 28 en planta (-2); o da Mariña conta seis (-1); e o de Monforte, con catro (+1).

Respecto dos falecementos, Lugo xa alcanza as 123 vítimas mortais dende o inicio da pandemia, ao entrar no cómputo oficial dúas persoas usuarias da residencia de San Cibrao que finaron no Hospital da Mariña. No histórico da provincia documéntanse 5.219 altas e 6.278 positivos acumulados. Fixéronse 103.748 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 646 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, mellora significativamente en Burela, onde no prazo dos últimos 14 días localizáronse 26 positivos, polos 33 do pasado día 28 de novembro e os 39 documentados con data do 21 dese mes. Son os mesmos casos novos confirmados nese mesmo prazo de dúas semanas en Foz. En Cervo confirmáronse dez contaxios nese período.

Viveiro, Xove, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Riotorto, A Pontenova e Ribadeo contan entre un e nove positivos nos últimos 14 días. Continúan libres de Covid-19 os municipios do Vicedo, Ourol, O Valadouro e Trabada.

RESIDENCIAS

A residencia de Trabada queda libre de Covid-19 trala alta dunha traballadora.

MAIORES

11 Residencia San Cibrao (Cervo)

19 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Domusvi Monforte

116 Residencia Asilo Vilalba

8 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

3 Residencia DomusVi Chantada

4 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Albertia Lugo
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

21 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da comarca producíronse tres altas, en Burela e Foz, e dous positivos novos, ambos no municipio focego.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

FOZ E.I de Foz 2 1 0

BURELA IES Monte Castelo 1 0 0 (unha alta)
BURELA IES Perdouro 2 0 0

FOZ CEIP O Cantel 4 0 0 (un máis)
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 3 0 0 (un máis)
FOZ IES de Foz 1 0 0 (unha alta)

(alta no CPR Plurilingüe Martínez Otero)

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...