IniciosociedadeAumentan a once os usuarios con Covid-19 falecidos na residencia de Cervo...

Aumentan a once os usuarios con Covid-19 falecidos na residencia de Cervo tras dúas novas mortes

Unha muller de 92 anos e un home de 93 pereceron nas últimas horas no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A morte de de dous usuarios nas últimas horas, unha muller e un home, elevou a once as vítimas mortais por mor do brote de Covid-19 na residencia de San Cibrao, en Cervo.

Segundo concretaron fontes de Mensajeros de la Paz, empresa que xestiona o servizo, de titularidade municipal, unha usuaria de 91 anos faleceu na tarde do pasado sábado. Aínda que nas últimas probas realizadas deu negativo, fora diagnosticada de coronavirus.

Esta madrugada morreu un residente de 93 anos, que levaba algo máis dunha semana ingresado no Hospital Público da Mariña, e que tamén resultou positivo por coronavirus.

No centro quedan sete maiores infectados e catro en illamento preventivo, segundo precisan as mesmas fontes, ademais dun residente que continúa hospitalizado. Tres traballadoras permanecen de baixa ao dar positivo en Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...