A incidencia da Covid-19 mantense en Viveiro, con 267 casos en 14 días, e segue á baixa en Xove, con 88

No Vicedo, onde se fará un cribado o domingo, aumentan a 27 (seis máis) os positivos confirmados nas últimas dúas semanas; O Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19

Porta de Carlos V. WIKIPEDIA

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.361, 88 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 109 novos positivos por PCR.

Dos 1.361 contaxiados, 39 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19, por 28 o HULA -entre eles os nove da área sanitaria que requiren de coidados intensivos- e dous o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 158 defuncións, 7.181 altas e 8.708 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 144.363 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.168 probas (2.371 nos últimos dous días).

No que atinxe á situación epidemiolóxica, non varía practicamente en Viveiro, onde se aplican as restricións máis severas de Galicia e onde se documentan 267 positivos novos nos últimos 14 días (un máis ca onte). En Xove continúa a baixar a incidencia, pasando de 92 casos confirmados nese mesmo prazo a 88 segundo o reconto deste xoves, 19 menos ca nos datos do martes.

Burela, Cervo e O Vicedo, ao igual que Viveiro e Xove, tamén serán pechados perimetralmente segundo a decisión da Xunta de Galicia. O municipio burelao conta con 45 casos nas últimas dúas semanas (dous menos), o cervense baixa de 24 a 23 e o vicedense experimenta un significativo aumento (de 21 a 27).

En Ribadeo localizáronse 22 contaxios nese mesmo período e en Foz 13; Ourol baixa dos dez positivos, como o resto dos municipios mariñaos. Trabada é o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

20 Residencia da Pastoriza e apartamentos

2 Residencia de Maiores de Burela

7 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

16 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

23 Residencia da Pastoriza

4 Domusvi Chantada

1 Residencia de Foz

1 Residencia de Monforte de Lemos

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Meu Fogar de Taboada

1 Residencia de Trabada

1 Residencia Domusvi Viveiro

10 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here