Localizan a persoa que alugou a furgoneta atopada no fondo dun cantil do Vicedo

Tráfico tomaralle declaración para tratar de esclarecer as circunstancias do suceso

Vista do Alto de Moreiras, en San Román de Vale. AXM

EFE. A Garda Civil localizou a persoa que alugou a furgoneta atopada o pasado sábado na zona dos cantís de San Román de Vale, no Vicedo.

Os axentes comezaron a investigación tras comprobar que no interior do vehículo, que quedou totalmente esnaquizado, non había ninguén.

Fontes da Garda Civil confirmaron que as pesquisas realizadas permitiron xa identificar á persoa que concertou o alugueiro da furgoneta, de “fóra de Galicia“, pero a investigación continúa aberta para esclarecer as circunstancias que provocaron que o vehículo caese polo cantil do mirador do Alto de Moreiras.

INVESTIGACIÓN

Do caso fíxose cargo o Grupo de Investigación e Análise do Tráfico (GIAT) de Lugo, que nos próximos días tomará declaración á persoa identificada.