Investigan a un veciño de Ribadeo de 65 anos por un incendio forestal en Ove

Nesta parroquia de Ribadeo producíronse ao longo dos últimos anos constantes lumes, arredor de 30 na última década

Lume en Ove (arquivo). AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo de 65 anos de idade como presunto autor dun delito de incendio forestal. Segundo informou o Instituto Armado, a imputación prodúcese por mor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 22 de setembro á altura do punto quilométrico 4,900 da estrada N-642. Tralo lume iniciouse unha investigación que deu como resultado a imputación como investigado do presunto autor dos feitos, indicaron as mesmas fontes. A persoa investigada en relación con este incendio forestal foi posta a disposición xudicial.
O lume forestal produciuse na parroquia de Ove, que desde hai anos vén sufrindo constantes incendios. O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, cuantificou en arredor de 30 os incidentes deste tipo nun prazo dunha década.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here