InicioSucesosO Concello pide colaboración cidadá tras un novo incendio forestal en Ove:...

O Concello pide colaboración cidadá tras un novo incendio forestal en Ove: “van preto de 30”

O alcalde ribadense solicita á veciñanza que "se ve algo o comunique" tras extinguir na noite do pasado luns os servizos de emerxencias outro lume na mesma área, entre a N-640 e a ría

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Ove, no municipio de Ribadeo, e concretamente a zona entre a estrada N-640 e un cantil próximo á ría, cercana tamén á liña de ferrocarril, foi de novo na noite do pasado luns obxecto dun incendio. Os lumes repetíronse con frecuencia nesta área ao longo dos últimos anos e o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, pide á cidadanía que “se ve algo, que llo comunique ás autoridades, para que fagan un seguimento estreito, pois acontece algo inaudito, que haxa máis conatos nunha fegresía que en toda A Mariña Lucense xunta”.

O rexedor ribadense amosou o seu “disgusto” e “preocupación” por un novo conato de lume na mesma zona, que ao igual que nas anteriores ocasións foi extinto polos servizos de emerxencias. “Sempre ocorren de noite, con vento seco”, remarcou Suárez Barcia, que salientou que “nos últimos anos non sei cantas veces irán, preto de 30“.

SUÁREZ BARCIA AGARDA QUE “CAIA” O “BICHO”

“Coa colaboración cidadá, co traballo de Protección Civil de Ribadeo, co camión de Bombeiros, coa Garda Civil, co axente medioambiental de distrito, sempre acabamos extinguindo o lume. Pero un día quizais non sexa así e teñamos que lamentar desgrazas. Non sei que graza lles fai acabar co patrimonio natural, coa fauna e a flora, poñer en perigo o persoal que extingue o lume nestes sitios tan escarpados, poñer en risco a liña de ferrocarril do Feve“, lamentou Suárez Barcia, que desexou que “a este bicho que planta lume que lle agarde o peor e que a Xustiza se faga cargo del”.

“É algo que non pode ser, polo tanto, dicir que entre todos imos acabar con este ou con estes malos e que o cerco se ten que estreitar si ou si”, concluíu o rexedor ribadense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...