InicioCulturaSabela, cuarta en OT: "grazas por valorar como son e as culturas...

Sabela, cuarta en OT: “grazas por valorar como son e as culturas que temos”

A cantante de orixe ourolesa obtivo o 12% dos votos nunha igualada final, que gañou Famous

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil quedou en cuarto lugar en Operación Triunfo (OT) tras levar o 12% dos votos do público nunha apertadísima final do programa, na que o concursante máis votado dos cinco finalistas levou só o 28% dos apoios dos telespectadores.

Grazas por valorarme como son e valorar tamén as culturas que temos”, afirmou a intérprete galega ao coñecer o resultado.

Sabela interpretou ‘Tris tras‘, un tema de Marful, composto pola focega Ugía Pedreira.

A peza, segundo a propia autora, está inspirada pola serra da Gañidoira. “É un canto de amor apaixoado que remata cun recordatorio: hai mulleres que van pola senda da obediencia e outras que non, que berran e que mostran as súas ideas”, expón Pedreira. Sabela interpretouna coa garra que corresponde.

Ana Torroja, integrante do xurado, gabou á vocalista galega por “manterte fiel ás túas raíces” e porque a pesar diso “non deixaches de abrirte e demostrar que levas moitas Sabelas dentro”.

Natalia interpretou ‘Never enough”, Loren Allred (The Greatest Showman)Famous“And I am telling you I’m not going”, de Jennifer HudsonAlba“Creep”de Radiohead (v. Scott Bradlee’s PJ); e Julia, ‘Déjame ser”, de Manuel Carrasco.

Alba, Natalia e Famous pasaron á última rolda. Julia foi quinta, co 10% dos votos.

IDENTIDADE

Despois de ser nominada na gala 1 e logo outras dúas veces, Sabela foi sempre capaz de sobrepoñerse ás dificultades. Fíxoo cunha aposta pola identidade, cantando ata en tres ocasións en galego durante o percorrido.

FAMOUS, O GAÑADOR

Natalia quedou no terceiro lugar e a final decidiuse por un mínimo porcentaxe. Alba Reche levou o 35% dos votos e Famous, o 36%.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...