Iniciosociedade(VÍDEO) Un proxecto da biblioteca do Ceip Cervo, premiado a nivel galego

(VÍDEO) Un proxecto da biblioteca do Ceip Cervo, premiado a nivel galego

O centro educativo cervense foi recoñecido xunto a outros 16 nun concurso de proxectos convocado pola Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip de Cervo resultou un dos 17 gañadores do quinto concurso de traballos por proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, que convoca a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A primeira fase do certame vai dirixida a proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados nos que participe un mínimo do 40% dos grupos existentes no centro (e un 40% dos departamentos no caso dos centros de secundaria).

Nesta modalidade, a biblioteca do Ceip de Cervo foi premiado polo traballo ‘Cervo alén de Europa’.

O proxecto inclúe un noticiario publicado en Youtube, relacionado coa participación do centro educativo no programa Erasmus+, que levou a estudantes e docentes de Cervo a Grecia, antes de acoller, no pasado mes de outubro, a alumnado de varios países europeos. Podes velo aquí.

Pero ‘Cervo alén de Europa’ constou doutras moitas actividades, que podes consultar neste enlace.

PLAN LÍA

Esta convocatoria enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares 2016-20, que ten entre os seus obxectivos propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas, empregando os recursos e servizos da biblioteca.

Deste xeito favorécese o traballo en equipo, así como o desenvolvemento das competencias chave e, en concreto, a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...