IniciosociedadeO PSOE alegará para desprazar ao nordeste o enlace do Carme da...

O PSOE alegará para desprazar ao nordeste o enlace do Carme da A-74

Os socialistas aspiran a reducir o impacto visual sobre a basílica de San Martiño de Mondoñedo e piden un carril adicional na conexión con Foz

Publicada o

- Advertisement -

Tras manter encontros informativos cos veciños ao longo das últimas semanas, o PSOE de Foz concretou este luns as alegacións anunciadas contra o treito da A-74 sometido a información pública polo Goberno central.

Os socialistas demandarán unha mellora do enlace do Carme, para completar o proxectado. O PSOE focego esixe saídas sentido Burela e Barreiros, co desprazamento da conexión ao nordeste, de xeito que evite a afección á vivenda existente e o recheo sobre a estrada LU-152 Ferreira-Foz.

Segundo o grupo municipal do PSdeG, esta modificación “permitirá facilitar o acceso á veciñanza das parroquias de San Martiño, Vilaronte, Santa Cilla e San Acisclo”, ao tempo que suporá “un impulso definitivo ao turismo da basílica de San Martiño de Mondoñedo, así como evitar o impacto visual”.

Oito colectivos da parroquia de San Martiño queixáronse do trazado da infraestrutura ao entender que, entre outros motivos, afectaría negativamente ao monumento. A veciñanza pide afastar a autovía da basílica, o que tamén solicita Foz Plataforma de Futuro (FPF)

ENLACE DE FOZ

Os socialistas tamén alegarán contra o proxecto de enlace de Foz. Piden un carril adicional de subida para favorecer a circulación, “evitando as retencións que poderían provocar os vehículos pesados”.

Ademais, solicitarán a redución da liña límite de edificación na linde co polígono de Fazouro “para favorecer o seu impulso”.

ESPIÑEIRA

No tocante ao enlace de Espiñeira, en Barreiros, o PSOE focego reclamará a prolongación dos catro carrís da autovía ata as bifurcacións existentes actualmente no entronque da A-8. Esta mellora, asegura, “favorecerá a fluidez na circulación e a seguridade vial”.

A BAESTA

A última das alegacións fai referencia a unha mellora da permeabilidade na zona da Baesta, en Vilaronte.

Os socialistas focegos piden a substitución do recheo de gran altura –ata 35 metros- por un viaduto para reducir o impacto visual e mellorar a permeabilidade da infraestrutura aos habitantes do barrio e á fauna salvaxe.

“IMPULSO”

Os socialistas aseguran que “toda gran infraestrutura presenta impactos de gran calado, pois é moi relevante a dimensión de terreo que ocupa”, e argumentan que a A-74 “permitirá desenrolar o turismo e o sector produtivo, acortando os tempos de desprazamento de persoas e mercadorías”.

DOCUMENTACIÓN

A documentación do proxecto do Ministerio de Fomento para o treito Barreiros-Foz pode consultarse neste enlace.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...