InicioDeportesJorge Quelle, cuarto internacional en catro anos para a base do Burela...

Jorge Quelle, cuarto internacional en catro anos para a base do Burela FS

O canteirán do Pescados Rubén concentrarase coa selección española sub-17 en Mallorca entre o 24 e o 28 de febreiro, para xogar dous amigables contra Portugal

Publicada o

- Advertisement -

O xogador da base do Pescados Rubén Burela FS Jorge Quelle foi convocado pola selección española sub-17 de fútbol sala.

O futbolista mariñao, aínda en idade cadete, participará na concentración do combinado espñaol en Mallorca, entre o 24 e o 28 de febreiro, para competir en senllos amigables fronte a Portugal, nas localidades de Calviá e Capdepera.

Tralas convocatorias do á Pitero (no 2016), do gardameta Luismi (no 2017) e do peche Nito (ao longo dos dous últimos cursos), a de Jorge Quelle é a cuarta chamada do combinado español a un xogador da base do cadro laranxa, o que valida o traballo de canteira do club.

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16

Quelle vén de completar un espléndido Campionato de España en Las Rozas coa selección galega sub-16, coa que alcanzou as semifinais. O xogador do Pescados Rubén Burela anotou dous goles na penúltima rolda, que non lle serviron ao combinado irmandiño ante a superioridade de Castela e A Mancha (8-3).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...