InicioDeportes“Tiñamos que gañar para que o fútbol sala feminino siga avanzando en...

“Tiñamos que gañar para que o fútbol sala feminino siga avanzando en España”

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF Peque e Luci triunfaron coa selección española na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da UEFA

Publicada o

- Advertisement -

As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF Patricia González Mota, Peque (Madrid, 1987) e Lucía Gómez González (A Coruña, 1992) coroáronse campioas de Europa coa selección española na primeira Eurocopa da UEFA da historia do fútbol sala feminino, celebrada na localidade lusa de Gondomar

Na final do campionato o combinado español derrotou á Portugal da súa compañeira Jenny Santos, pero a sensación é que todas triunfaron, pois fixeron historia para o deporte feminino.

Nós sabiamos que tiñamos a presión de gañar para que o fútbol sala feminino seguise avanzando en España. Ensinamos ao mundo que este deporte é moi bonito, que dá espectáculo e que enche pavillóns”, explica Peque, que cumpre a súa segunda etapa en Burela, onde colleitou todos os títulos a nivel estatal.

Luci, que chegou este verán a Vista Alegre, destaca que “foi unha cita con moita visibilidade; comentouse que a raíz do éxito desta Eurocopa estaba a exporse un Mundial desde FIFA”.

A xogadora coruñesa sabe que “somos un referente para as nenas; creo que isto lles pode axudar a cumprir mellor os seus soños e haberá moitas máis posibilidades no fútbol sala feminino”, expón.

Malia a súa experiencia como profesional no deporte ao máis alto nivel, Peque afirma que a ledicia de gañar foi “incontrolable, era un soño feito realidade. As integrantes da selección española tiñamos o mesmo obxectivo e formamos uns lazos que van durar toda a vida”, explica.

A capitá, Anita Luján, non puido reprimir as bágoas cando lembrou a xeracións pasadas que non puideron vivir unha competición recoñecida polo máximo estamento futbolístico a nivel europeo.

JENNY, SUBCAMPIOA

A ledicia dunhas foi a tristura doutras, pero Peque cre que Jenny “ten que estar moi orgullosa de participar e loitar na primeira Eurocopa feminina, chegando á final”.

GAÑAS DE MÁIS

Peque e Luci teñen gañas de máis e xa pensan na vindeira cita. “Xa soño coa próxima”, expón a madrileña, que confesa que “agora vén unha xeración moi forte de xogadoras e eu xa teño unha idade, pero vou seguir loitando por estar aí”.

A coruñesa, pola súa banda, expón que “oxalá poida vivir momentos únicos como os que vivín estes días coa selección española”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...