InicioEconomíaO Goberno cita para despois das eleccións ao comité de Alcoa, que...

O Goberno cita para despois das eleccións ao comité de Alcoa, que teme “que non teña solucións”

O Executivo convoca aos obreiros para o 16 de maio, despois dos comicios e da presentación dun estatuto da industria electrointensiva alegado por oposición, sindicatos e empresas

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao anunciou a través dun comunicado que o Goberno central citou aos traballadores o vindeiro 16 de maio, tralas eleccións xerais, para a reunión solicitada pola situación da planta de aluminio. A convocatoria tardía fai dubidar aos sindicatos, que temen que o Estado “non teña solucións” para a factoría.

Os representantes dos traballadores do complexo industrial de Cervo lembran que “levamos dende o pasado 2 de abril á espera dunha reunión co secretario xeneral de Industria, Raül Blanco, que pretendiamos ter antes deste venres, no que se publicará o texto definitivo do estatuto da industria electrointensiva”.

O comité agarda que “detrás do atraso” da data da xuntanza, programada para despois dos comicios e da presentación dun documento que non satisfai nin ás empresas nin aos sindicatos nin á oposición, “non estea o feito de que o Ministerio no dispoña de solución para o elevado prezo da enerxía, feito que poría en perigo o futuro de San Cibrao e dos máis de 2.000 postos de traballo directos que esta industria sustenta na Mariña Lucense”.

O comité de empresa explica que enviou por escrito ao Executivo estatal unha carta na que reclama á Administración central que “recolla a figura do consumidor hiper-electrointensivo, a semellanza da existente noutros países europeos”.

Unha figura, argumentan, “que deberá desenrolarse a posteriori contemplando compensacións en aspectos como son a fiscalidade indirecta, o transporte ou as renovables”.

Ademais, reivindican os traballadores, “o texto deberá garantir tamén a certeza das partidas económicas para compensacións por emisións indirectas de CO2”, unhas bonificacións que, de darse, “porían ao Ministerio en situación de poder reclamar a Alcoa investimentos”.

Os sindicatos tiñan a intención de presentar na cita co secretario xeral de Industria un informe cos investimentos que considera imprescindibles para a viabilidade da planta, melloras que non se darán, expón o comité, se Alcoa non conta cun prezo da enerxía asequible e estable no tempo.

CONCRETAN DEZ INVESTIMENTOS NECESARIOS

Así, demandan a adquisición de dous transformadores para as series electrolíticas; a instalación do gas en aluminio; a modernización da fundición, no tocante ás mesas coada e fornos homoxeneizados; a construción dun novo forno de cocción en eléctrodos ou a adquisición de novos camións de coada e ánodos.

A construción dunha terceira serie electrolítica; a compra dunha segunda descargadora de bauxita e ampliación do porto; a nova localización do déposito de barros vermellos; a ampliación da filtración e a modernización do rascador na nave de bauxita son outras das reivindicacións dos obreiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...