InicioPolíticaO PSOE de Foz di que "non hai unha factura" ao seu...

O PSOE de Foz di que “non hai unha factura” ao seu nome “sen pagar” e ameaza con acudir aos tribunais

Os socialistas instan ao PP a "mostrar os documentos oficiais" que respaldan "unha acusación que traspasa todos os límites, con datos falsos e manipulados"

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Foz saíu este martes ao paso das acusacións realizadas polo Partido Popular (PP) focego, que afirmou o pasado luns que os socialistas “deben 4.719 euros” en concepto de limpeza, lixo e saneamento do seu local.

O partido socialista emitiu un comunicado no que asegurou que “non hai nin unha soa factura a nome do PSOE de Foz sen pagar“, e no que insta ao PP focego a “mostrar os documentos oficiais nas que basean as súas gravísimas acusacións, de oídas”.

Tamén rebate que a sede fose mercada en 1999, como afirma o PP, senón “no ano 2005. Por principios sólidos, resolvemos todos os nosos problemas con diálogo e respondemos sempre”, engade.

O PSOE de Foz demanda aos conservadores “unha rectificación inmediata” e ameaza con “acudir aos xulgados” contra o que considera “un ataque que traspasa todos os límites, con datos falsos e manipulados que forman unha gran mentira que mancha coma nunca o nome do Concello”.

APOIO A SIXTO

No comunicado, os socialistas focegos mostran o seu apoio “á honorabilidade dos compañeiros da formación, e tamén por suposto a Luis Alfonso Sixto“, actual candidato de Foz Plataforma de Futuro (FPF) e que foi secretario xeral entre o 2007-2011.

“CLOACAS”

O PSOE de Foz sostén que “a utilización das cloacas” para atacar aos lexítimos aspirantes ao goberno de Foz é de “extrema gravidade”, e que conclúe que “xa falta pouco para recuperar o Concello para todos os focegos, sen despotismos, sen citas previas e sen a actitude intolerante do primeiro edil, Javier Castiñeira“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...