InicioPolíticaO PP de Foz incorpora de número 3 a unha activista do...

O PP de Foz incorpora de número 3 a unha activista do colectivo LGTB

Laura Riveira ocupará a terceira praza dunha candidatura da que tamén formarán parte os independentes Conchi López, Miguel Gómez Oroza, Rocío Basanta e o barista Iago Rivas

Publicada o

- Advertisement -

O candidato á reelección como alcalde de Foz polo Partido Popular (PP), Javier Jorge Castiñeira, avanzou este martes cinco independentes que se integran na súa lista. Son Laura Riveira, de Cangas; Conchi López, de Nois; Iago Rivas, de Vilaronte; Rocío Basanta, por Marzán; e Miguel Gómez Oroza, por Fazouro.

Castiñeira remarca que estas persoas “dan este paso para traballar polo seu pobo e aportarán frescura e diversidade”.

Tanto Laura Riveira como Conchi López teñen experiencia por estar nas directivas das asociacións de montes de Cangas e de Nois e ter un contacto directo cos seus veciños. Ademais Laura, que vai de número 3, forma parte do colectivo Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) da Mariña Lucense”, subliña.

No tocante a Rocío Basanta, é perruqueira; Miguel Gómez Oroza é graduado en Administración e Dirección de Empresas (ADE); e Iago Rivas é un barista que leva anos promovendo esta profesión en diferentes concursos de ámbito nacional”, sinala Castiñeira.

SEGUIRÁN CATRO EDÍS

O PP anunciara xa a presenza na candidatura de catro dos actuais concelleiros. Non estará Mercedes González, edil conservadora nesta lexislatura e candidata número 3 ao Congreso dos Deputados por Lugo nas pasadas eleccións xerais, nas que non obtivo acta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...