InicioCultura(VÍDEO) Catorce razóns para dedicarlle ao poeta de Riotorto Avelino Díaz as...

(VÍDEO) Catorce razóns para dedicarlle ao poeta de Riotorto Avelino Díaz as Letras Galegas

O colectivo que reivindica a súa figura pide á RAG que recoñeza ao vate na edición de 2020 da celebración

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Avelino Díaz informou de que o pasado 15 de maio foi presentada diante da Real Academia Galega, un ano máis, a candidatura do poeta de orixe riotortense ao Día das Letras Galegas, neste caso do ano 2020.

No sitio web oficial da asociación pode consultarse a solicitude enviada a todas e cada unha das persoas académicas. Tamén se pode ver o víde oficial que acompaña a solicitude, coa intervención de 14 persoas explicando outras tantas razóns polas que consideran a Avelino Díaz merecedor de tal homenaxe.

O Mago Antón ou Eloi Villada, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, son dúas das persoas que participan da petición.

CATRO ANOS DE SOLICITUDES

O colectivo, que presentou peticións nos tres anos anteriores, insiste en que recoñecer a figura de Díaz, sería distinguir a quenes afrontaron a emigración e o exilio. Tamén suporía un impulso para compilar e difundir a obra inédita do autor, pois calcúlase que fican sen saír á luz máis de 850 poemas.

O pasado ano, a agrupación recolleu 2.400 sinaturas para respaldar a súa solicitude, e acadou o apoio de máis de 51 colectivos de Meira e Riotorto.

BIOGRAFÍA

Nacido en Santa Comba da Órrea no 1897, sería distinguir   Díaz pasou boa parte da súa nenez en Meira, antes de emigrar  a Bos Aires, onde exerceu o xornalismo. ‘Debezos’, de 1947, está considerado o primeiro poemario en galego da posguerra. Falecería no 1971 na capital arxentina.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...