O grupo empresarial Sargadelos presentou este venres, a través das redes sociais, o primeiro spot da súa historia.
O anuncio, protagonizado pola actriz Marina Li e o cabalo Melocotón, un exemplar de raza austríaca mobilizado expresamente desde Asturias, pretende facer fincapé en que “non se trata de chegar primeiro, senón de chegar disfrutando”.
A presa do Paseo dos Namorados ou a propia fábrica de cerámica de Cervo son dúas das localizacións que aparecen na peza audiovisual.
PEZAS CLÁSICAS E MÁIS RECENTES
Figuras clásicas como o botixo ou o galo GG3 aparecen no percorrido a cabalo da protagonista ata a pranta circular de Cervo. Tamén outras pezas máis novas, como a pulseira que da ao fío á historia do anuncio.