IniciosociedadeXove dinamizará a praia de Lago en verán con actividades acuáticas cada...

Xove dinamizará a praia de Lago en verán con actividades acuáticas cada domingo

Un total de 63 nenos de ata nove anos anotáronse no programa de conciliación do Concello, que agarda que outros 30 rapaces de dez a 16 se anoten nas 'Mañás Divertidas'

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou este venres a súa programación de verán, enfocada principalmente á nenez e a mocidade pero que tamén inclúe iniciativas para adultos e maiores.

Segundo precisou o goberno local, 63 crianzas de cero a nove anos participarán no programa de conciliación disposto polo executivo municipal, que funcionará desde o vindeiro luns ata o 4 de setembro.

O Concello agarda que participen nas mañás divertidas, para rapaces de entre dez e 16 anos, arredor de trinta persoas, segundo a matrícula do curso pasado. Así, case 100 menores se beneficiarían da programación matinal do executivo municipal.

KANGOO JUMPS, NOVIDADE

Verán Xove‘ inclúe actividades deportivas, entre as que destacan os kangoo jumps previstos para os venres e pensados para nenos maiores de doce anos. Tamén haberá citas de fútbol sala e fútbol, ciclismo, sendeirismo, bádminton ou bolos, organizadas polo tecido asociativo xovense.

Unha das principais novidades do programa para este 2019 é que todos os domingos haberá xogos e actividades acuáticas para dinamizar a praia de Lago. Os asistentes poderán desfrutar de kayaks ou de xornadas de pádel surf, tanto individual como en grupo.

Ademais, o programa estival ofrece talleres de memoriareciclaxe ou informática, así como excursións -ao Aquapark de Cerceda ou á Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo-.

INVESTIGACIÓN SOBRE O LITORAL

Outra das novidades do programa é o proxecto ‘Vexo Xove‘, dirixido a persoas de entre 14 e 30 anos. Consistirá nunha investigación do litoral do municipio que aspira a que, unha vez finalizada, se sintetice nun díptico que amose o patrimonio natural xovense. A intención é que os participantes sexan embaixadores desta riqueza.

Presentaron o programa o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de servizos sociais,  Ana Abad, a edil de xuventude, Cristina Iglesias, así como o presidente da ACD Xove, José Manuel Blanco. Podes consultar o programa completo neste documento. BOCETO VERAN 2019

AXUDAS AO ESTUDO

O Concello de Xove informa de que o prazo para solicitar axudas ao estudo correspondentes ao curso 2018-2019 ficará aberto ata o 8 de xullo. Nesta edición, ás habituais subvencións de transporte e comedor engadiuse unha bonificación por estancia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...