InicioCulturaA axenda: rutas de artesanía, música de cinema e a Festa Castrexa...

A axenda: rutas de artesanía, música de cinema e a Festa Castrexa animan a fin de semana

Xuño despídese tamén con concertos e teatro para toda a familia, presentacións de libros e torneos deportivos de rugby ou fútbol sala

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

VIVEIRO

O Teatro Pastor Díaz acolle este venres (20:45 horas) o concerto que clausura o obradoiro organizado pola Banda Municipal O Landro. Os noventa músicos que participaron na actividade interpretan un repertorio que prepararon durante a semana baixo a batuta do director David Fiuza.

BARREIROS

O Concello de Barreiros organiza o sábado a primeira edición da Xornada de Voluntariado Verde, nesta primeira ocasión para a limpeza de praias. Podes comprobar aquí como anotarte.

BURELA

Varias sedes da Mariña Lucense exercen como sedes estes días do Memorial Heroes do Orzán, organizado pola Fundación Imdecum.

Partido de infantís entre Burela e Salamanca. AXM

O torneo de fútbol sala que serve para homenaxear o compromiso de tres gardas civís falecidos na Coruña en acto de servizo, entre eles o burelao Rodrigo Maseda Lozano, concluirá no pavillón Vista Alegre o domingo coa desputa das finais.

A Festa Castrexa de Burela volve esta fin de semana con desfile de clans, xogos, teatro e verbenas. Podes consultar o programa completo neste enlace.

CERVO

A Sacabeira (Sargadelos) continúa coa súa programación cultural. O domingo, ás 18.00 horas, acollerá a presentación do libro-disco infantil ‘La Comuna del Barruzo’, o primeiro en reivindicar o galego do Eo-Navia.

FOZ

O venres e o sábado, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz celebra unha nova edición da súa Festa Vintage, con descontos nos comercios, actividades infantís, animación nas rúas e sesión vermú.

Cartel da Festa Vintage. AXM

O venres (20.30 horas, librería Bahía), Xabier Baixeras (criado entre Ribadeo e Nois) presenta o seu libro gastronómico ‘Do abadexo á zorza: diccionario da gastronomía galega‘. Organiza A Pomba do Arco.

MONDOÑEDO

Mondoñedo ofrece teatro ao aire libre na mañá do domingo (12.00 horas, Praza do Concello, en caso de chuvia no auditorio). Cooperativismo en Movemento trae á cidade episcopal ‘A illa sen tesouro‘.

Imaxe da obra de Cooperativismo en Movemento. AXM

RIBADEO

O venres, ás 19.30 horas, a oficina de turismo inaugurará a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes‘, unha escolma do arquivo fotográfico da emigración da axencia Efe.

O sábado, o Pepe Barrera acollerá o campionato de España de rugby 7 feminino, no que Galicia defenderá o título estatal.

Cartel da actividade, organizada polo colectivo Francisco Lanza. AXM

Paco Nogueiras ofrecerá o domingo (18.30 horas, teatro) o seu espectáculo para toda a familia ‘Radio Bule Bule‘.

Tamén o domingo, pola mañá, mercado de produtos locais xunto á Praza de Abastos.

XOVE

Xove propón un concerto (domingo, 19.00, salón de actos do centro cívico) de música de cinema, con intérpretes de varias escolas de música da Mariña Lucense e Lugo.

Entre o repertorio hai pezas de Morricone (para ‘La Misión‘), Vangelis (para ‘1492‘) ou Hans Zimmer (para ‘Gladiator‘ e ‘Piratas del Caribe‘).

RUTAS DE ARTESANÍA

Continúan as xornadas de porrtas abertas das Rutas de Artesanía, que impulsa a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

Redeiras Cabo Burela. AXM

O sábado é a quenda de Viveiro, e o domingo, a de Burela. Consulta aquí os horarios e percorridos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...