InicioPolíticaO bipartito de Foz constituirase este xoves, con dúas dedicacións socialistas

O bipartito de Foz constituirase este xoves, con dúas dedicacións socialistas

Fran Cajoto terá unha dedicación absoluta e Inés López Couto unha parcial, mentres que os edís nacionalistas do executivo non percibirán retribución

Publicada o

- Advertisement -

Foz celebrará este xoves ás 20.30 horas o pleno organizativo na que se formalizará a estrutura de executivo bipartito pactado entre PSdeG e BNG para os vindeiros catro anos.

A proposta dos grupos de goberno contempla unha dedicación exclusiva para o alcalde, o socialista Francisco Cajoto, e unha parcial para a edil Inés López Couto.

O rexedor, que mantén as competencias de Obras, Urbanismo, Servizos, Seguridade Cidadá e Facenda, percibirá 43.770 euros brutos anuais polo seu traballo no concello a tempo completo, a mesma contía que recibía o popular Javier Castiñeira.

López Couto, quen asumirá as áreas de Emprego, Innovación, Administración Electrónica e Transparencia, terá unha dedicación parcial cunha retribución de 21.882 euros brutos anuais.

OS EDÍS DO BNG NON TERÁN RETRIBUCIÓN

Así, o BNG entrará no goberno de Foz sen percibir ningunha retribución. Como se anunciara despois do pacto de investidura, o nacionalista Xavier Fanego, que será primeiro tenente de alcalde, ocuparase das áreas de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e Mar.

Gema Méndez será a outra concelleira nacionalista con competencias delegadas, en Xuventude e Deportes.

Os edís nacionalistas, que empregarán a liberación como traballadores de Alcoa -o 20 por cento da xornada laboral- para xestionar os asuntos do Concello, coordinarán tamén as políticas en materia de Normalización Lingüística, transversais ás diferentes áreas de goberno.

O outro electo do BNG, Iago Amil, non entrará no executivo municipal.

O SANEAMENTO, PRIORIDADE PARA OS NACIONALISTAS

Fanego explicou que “unha das prioridades da lexislatura será o saneamento da ría de Foz, con graves problemas medioambientais que limitan desde hai anos a produtividade da ría” e que centraron boa parte da campaña do BNG nos pasados comicios.

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno, que xestionará as competencias delegadas polo Pleno, estará integrada por catro socialistas -ademais do alcalde, formarán parte do órgano colexiado Inés López Couto, Hector Moris e Ana Rojo– e os dous concelleiros nacionalistas do executivo local.

PLENOS MENSUAIS

Como ven sendo habitual no concello focense, a alcaldía proporá celebrar un pleno ordinario ao mes, os xoves ás 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...