Cajoto levará obras, urbanismo, servizos, seguridade e facenda no bipartito de Foz

O nacionalista Xavier Fanego ocuparase das áreas de patrimonio, medio ambiente, medio rural e mar, mentres que a socialista Inés López Couto será a segunda tenente de alcalde

Fanego, á esquerda, e Cajoto asinan o acordo para un goberno en coalición. AXM

PSdeG-PSOE e BNG anunciaron a través dun comunicado, novamente conxunto, o reparto das áreas delegadas do goberno de coalición que rexerá o municipio de FozO alcalde, o socialista Fran Cajoto, levará as delegacións de obras, urbanismo, servizos, seguridade cidadá e facenda.

O primeiro tenente alcalde, o nacionalista Xavier Fanego, ocuparase das áreas de patrimonio, medio ambiente, medio Rural e mar.

A segunda tenente de alcalde, a socialista Inés López Couto, ostentará as competencias de emprego, innovación e administración electrónica e transparencia. Tamén se ocupará das do alcalde en ausencia deste.

Héctor Moris (PSOE), ocuparase de cultura, educación e festas. Pertence á Xunta de Goberno.

Ana Rojo, tamén socialista, levará asuntos sociais e familia.

A nacionalista Gemma Méndez ocuparase de deportes e xuventude. Estes seis edís formarán parte da Xunta de Goberno.

Chema Linares, concelleiro con delegacións especiais, ostentará comercio, turismo e actividades económicas.

Carlos García (PSOE), concelleiro con delegacións especiais, terá as competencias en relacións institucionais e comunicación.

Concelleira con delegaciones especiais, Verónica Peña será a delegada de muller, igualdade e inmigración.

O concelleiro do BNG Iago Villamil non terá finalmente tarefas de goberno.

MENSAXE DE “TRANQUILIDADE E CONFIANZA”

Despois de quince días dende a toma de posesión da nova corporación que saíu das eleccións municipais, o goberno focego sinala que realizou “unha amplia ronda de contacto cos traballadores do Concello” e recibiu “a todos os cidadáns que o solicitaron”.

O equipo de goberno, que agradece a “excelente disposición” dos traballadores municipais, quere transmitir “unha mensaxe de tranquilidade e confianza á veciñanza”, xa que, asegura, ” os cambios teñen os seus tempos e moi pronto veranse os seus froitos”.

DEDICACIÓNS

O goberno de Foz non avanzou por agora as dedicacións que disporá no seguinte mandato. Coñeceranse no pleno de organización, o xoves (20.30 horas).

Na anterior lexislatura só o alcalde, o popular Javier Castiñeira, tivo unha dedicación, exclusiva

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here