IniciosociedadeCandia urxe ao Estado a arranxar a N-634, alternativa á neboa da...

Candia urxe ao Estado a arranxar a N-634, alternativa á neboa da A-8

A rexedora mindoniense solicitou unha reunión coa subdelegada do Goberno para esixir melloras no asfaltado e sinalización da vía

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de MondoñedoElena Candia, solicitou unha reunión coa subdelegada do Goberno central en Lugo, Isabel Rodríguez, para urxir o arranxo da N-634, a estrada que une A Mariña Lucense co coa N-VI polo interior e que serve de desvío a A-8 cando presenta problemas de néboa.

A rexedora popular explica que a vía presenta “problemas de asfaltado e sinalización” e esixe ao Estado a “maxima celeridade” para acometer obras de mellora ante o previsible incremento do tráfico “no verán”.

Candia pide que se retome un proxecto pendente desde abril de 2017. Nesa data, o Ministerio de Fomento autorizara a redacción do estudo dun proxecto de construción valorado en 2,8 millóns de euros para actuacións entre os puntos quilómetricos 583 e 600.

LICITACIÓN DO ESTUDO

O estudo non se licitou ata vinte meses despois, en decembro de 2018, cun orzamento de 15.000 euros.

Segundo se recolle nas bases, os traballos incluirían a substitución da actual capa de microaglomerado, a mellora na sinalización, balizamento e defensas, o acondicionamento e mellora das interseccións, a limpeza e perfilado de cunetas e o pechamento de zonas onde poidan aparecer animais soltos.

A A-8, DE NOVO PECHADA AO TRÁFICO

A A-8, que permaneceu cortada ao tráfico durante máis de 24 horas, desde o mediodía do pasado martes ata o deste mércores, volve estar pechada despois de apenas tres horas aberta á circulación con visibilidade reducida.

A situación pode consultarse no mapa de tráfico da DGT.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...