InicioM.ambiente e PatrimonioO esqueleto do castro da Atalaia deberá ser derrubado "en tres meses"

O esqueleto do castro da Atalaia deberá ser derrubado “en tres meses”

O Concello ordeou a demolición aos propietarios despois de resolver os trámites administrativos para ratificar a retirada dos permisos en vigor

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou este sábado a orde de demolición do esqueleto ubicado no castro da Atalaia.

O rexedor popular precisou que os propietarios deben executar o derrubamento nun prazo de tres meses. En caso contrario, procederiase á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas entre 1.000 e 10.000 euros.

Villares explicou que o Concello dá este paso definitivo tras resolverse “nestes días” o expediente de reposición da legalidade urbanística iniciado en febreiro de 2019. O trámite, aclara, “ratifica que as obras non poden continuar porque non existe ningún permiso en vigor que as ampare”.

En decembro pasado, xa se establecera a caducidade da licenza outorgada polo Concello á empresa Promociones San Ciprián en 2006, en pleno boom inmobiliario.

PLAN DE PROTECCIÓN DO CASTRO

O alcalde cervense sinalou que “se están a dar pasos firmes” para “recuperar a zona e devolvela ao seu estado orixinal, poñendo en valor o Castro da Atalaia”, documentado en 2005 e inventariado por Patrimonio no ano 2007.

O Concello de Cervo presentou en setembro pasado un Plan Especial de Protección do Castro que delimita a zona afectada e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar, 20.000 metros cadrados.

SAUNA CASTREXA

O pasado 7 de xuño, as obras de renovación de saneamento da zona do Porto de Arriba deixaron ao descuberto un edificio que os arqueólogos consideran a sexta sauna castrexa documentada en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...