InicioM.ambiente e PatrimonioCervo inicia trámites para derruír o esquelete do castro da Atalaia

Cervo inicia trámites para derruír o esquelete do castro da Atalaia

O Concello declarou caduca a licenza urbanística da construción, ubicada na contorna dun xacemento inventariado no 2007

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo declarou a caducidade da licenza urbanística do esquelete ubicado no castro da Atalaia que lle fora outorgada no seu momento a Promociones San Ciprián, S. L..

Este trámite ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare. Así, segundo explican desde o goberno local, a construción non está avalada por ningún título xuridíco-administrativo.

Ademais, o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, anunciou que “xa iniciamos tamén os trámites administrativos para declarar a reposición da legalidade urbanística respecto á construción dese esquelete, no que se planificaron no seu día 42 vivendas”.

O rexedor apuntou que “o obxectivo non é outro que o de derrubar tanto esta construción, como o edificio de vivendas deshabitado que hai o carón e que leva máis de trinta anos construído”, para pór en valor o xacemento, inventariado por Patrimonio no ano 2007.

PLAN DE PROTECCIÓN

O Concello de Cervo xa redactou, ademais, un Plan Especial de Protección do Castro que delimita toda a zona afectada e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar.

Ademais, fixa as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido, entre outos aspectos.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...