IniciosociedadeO concurso de decoración de balcóns e fachadas de Mondoñedo exténdese ás...

O concurso de decoración de balcóns e fachadas de Mondoñedo exténdese ás parroquias rurais

O prazo participar no certame, que repartirá seis premios, estará aberto ata o 31 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo vén de convocar a cuarta edición do concurso de decoración de balcóns e fachadas Florea o teu balcón, que por primeira vez este ano convida a ornamentar as casas nas parroquias do rural.

O prazo para participar está aberto ata o 31 de xullo. As inscricións poden facerse a través do correo concursodebalcones@gmail.com ou na oficina de atención ao público do consistorio.

ELEMENTOS A VALORAR

A finais de agosto, os integrantes do xurado -que presidirá a técnica de turismo Claudia del Pino– realizarán visitas periódicas nas que valorarán, entre outros aspectos, a orixinalidade na ornamentación, a variedade, calidade e cantidade de flores ou o adecentamento da fachada e o resultado global.

Tamén se terá en conta o enxeño ou capacidade para acadar unha decoración óptima en vivendas que carezan de balcóns ou que, a priori, non reúnan as mellores condicións para participar no certame.

SEIS PREMIOS

O certame establece categorías: casco urbano, onde se repartirán catro premios, e zona rural, onde se entregarán dous. En suma, 600 euros.

O resultado do concurso darase a coñecer durante a primeira semana do mes de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...