Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.
ALFOZ
Este venres, no castelo de Castrodouro, comeza o Mercado Medieval de Alfoz, que cumpre a súa vixésimo primeira edición. O programa de actividades ofrece paseos a cabalo, obradoiros, danzas medievais, escenificacións da lenda do Mariscal Pardo de Cela e ceas ao estilo do Medievo. Podes consultar o programa ao completo neste enlace.
BARREIROS
Comezan as Queimadas Proletarias dos venres no Cámping Gaivota. A primeira actuación será a do trío folk Andoa (23.00 horas).
O domingo, Manuel Lamas e Owy presentan o espectáculo de maxia ‘Nada é imposible‘, pensado para toda a familia (centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, 12.00 horas).
CERVO
San Cibrao acolle o venres (19.30 horas) a terceira edición da Festa do Chicharro Lañado.
Cervo convida a coñecer o pasado do municipio os días 19 e 20 de xullo, na primeira edición das súas xornadas de Historia. Conferencias e roteiros polo patrimonio -entre eles, as fábricas de salgadura de San Cibrao ou Sargadelos- conforman o programa da cita.
O sábado, o club Limosa Surf organiza o Furancho Skate, no bowl ubicado no parque Raíña Sofía. A inscrición é de balde (desde as 15.00 horas), e o campionato comezará ás 17.00.
O domingo, Tá en Artes convoca a todas as persoas con inquedanzas creativas da comarca a unha xuntanza a partir das 11.00 horas na casa da administración de Sargadelos en Cervo.
FOZ
A festas de San Martiño, na honra da Virxe do Carme, congregan de novo a París de Noia e Panorama, que se retarán na noite do sábado nunha verbena multitudinaria. Este venres, aperitivo de luxo con Combo Dominicano e Claxxon.
MONDOÑEDO
O venres, a partir das 21.00 horas, a banda da escola de música de Mondoñedo ofrece un concerto de música de cinema. A entrada é libre e gratuíta.
A alameda dos Remedios acollerá o sábado (a partir das 10.30 horas) un obradoiro de pilotaxe de drons para persoas de entre 14 e 30 anos. A entrada é libre.
OUROL
Bravos celebra esta fin de semana unha nova edición, a oitava, do Festival Aturuxo, coas actuacións, entre outros, de Rosa Cedrón e Zënzar.
O VICEDO
A asociación Nordés fará o sábado un roteiro pola arte sacra do concello do Vicedo.
O domingo, o cabalo será o protagonista na Festa do Turismo Rural do Vicedo, no parque eólico de Riobarba desde as 13.30 horas.
RIBADEO
Ribadeo celebra o sábado e mailo domingo as súas festas do Carme nunha nova ubicación, xunto á lonxa. Son do Sil e dúo Diamante amenizarán a noite do sábado, mentres que o domingo haberá a misa de campaña, procesión e ofrenda marítima aos náufragos. Trovadores e Fénix actuarán na verbena dominical.
O arqueólogo Miguel San Claudio falará este sábado -auditorio, 20.30 horas- sobre a última excavación do galeón de Ribadeo.
VIVEIRO
A Festa da Merluza de Celeiro ofrecerá este sábado 2.000 racións da pescada do pincho en sete especialidades diferentes. O reparto comezará ás 21.00 horas, na lonxa vella.
XOVE
Xove ofrece percebe a prezos populares nunha nova edición da exaltación gastronómica.
Serven desde as 12.00 horas, na Praza do Concello. Ademais, a cita inclúe visitas guiadas á Illa de Ansarón.
En Lago, que está de festas, este venres haberá churrascada a prezos populares e verbena con Salsarena e Arizona. O sábado, sesión vermú con Alma Latina, que repetirá na verbena xunto a Tapyoka. O domingo, tamén haberá baile a mediodía con Lembranza.